martes, 17 de marzo de 2020

Recomendacións

Quería primeiramente saúdar aos meus pequerrechos e pequerrechas e animarvos a continuar o máis felizmente posible a pesar de estar vivindo esta situación tan anómala. 

Resulta moi estraño estar todos e todas metidiños na casa con este día tan soleado que temos hoxe. Pero parece ser que é a mellor maneira de combater o dichoso coronavirus que anda por ahí dándo tanto "choio".

Tede paciencia e moito ánimo e tamén traballade un pouquichiño todos os días. Eu fágoo cos meus peques tamén e non lles deixo ser "trapalleiros" ainda que me costa moito. Jeje!

Vouvos dar unhas humildes recomendacións a nivel persoal que estou segura xa facedes:

-Manter unhas rutinas diarias para non descuidar os hábitos.

-Establecer un horario axeitado ás peculiaridades de cada casa. 

-Sería interesante que tras as rutinas da mañá chegue o momento de realizar algunha tarefa escolar como:
 Ler, escribir un pouco, xogos como a Oca, Bingo, Parchís, algún problemiña, sumas sin levadas, ler ou inventar contos debuxar,dramatizar historias, facer puzles, construccións.... cociñar, axudar a limpar a casiña, ordenar os xoguetes, facer experimentos... e tamen un pouquiño ver a televisión a poder ser canales educativos como Educlan (tamén estou segura de que xa o facedes e moito máis) e non nos podemos esquecer de ver algun capítulo de debuxiños en inglés ou algunha canción...

E acordádevos de seguir as normas coa vosa familia: Estar CONTENTOS/AS, falar BAIXIÑO, escoitar aos DEMAIS, ser ORDENADAS/OS, coidar o MATERIAL. Incluso podedes acordar algunha norma mais entre todos/as... jaja

Tratarei de añadir máis recursos ao blog para quen o precise ainda que na rede hai xa moitísimos.

O importante é repasar o que vimos ata agora. Ler un pouco todos os días, comprender o que se lee e facer algunha actividade de escritura. En matemáticas: sumar e restar pero sen levadas, facer algun problema de sumas e restas sinxelo, series, cálculo mental (xogos incluso na tablet un ratiño)

Trataremos de manter o contacto coas familias de xeito oficial a través do ABALAR. 

Tamén vos mando un montón de ideas que podemos facer en familia. A min paréceme interesante. 








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Thanks for all of your lovely commets

Presentaciones padlet