jueves, 25 de octubre de 2018


E tamén a canción que cantamos na clase e que tanto vos gusta

In the dark dark house

E como xa sabedes da miña debilidade polo inglés, vouvos deixar a short story about a haunted house.
Happy Halloween!!

Contos de medo

Aproveito para deixarvos algún dos contos de medo que xa vimos e outros que non! Espero que vos gusten!

Voume pero volverei

Olaaaa a todos!
Xa sabedes que me vou a facer un curso de formación pero volvo prontiño. Ben sei que vos ides portar xenial e que a profe Mónica vai a estar moi contenta cos meus "pequerrechos"
Ainda que creo vouvos estar ben ocupada en terras lonxanas conto con poder escribir de cando en vez  para que non vos olvides des de min.

Quería aproveitar para dicirvos o moito que me gustan os vosos contos de medo! Son terroríficamente marabillosos e non vos olvidedes de gardalos Ben para amosarmos (os que faltan)

Bicos para todos



miércoles, 24 de octubre de 2018

O sistema solar en terceiro

Hoxe subimos un piso para ver e escoitar a exposición dos compañeiros de 3A sobre o sistema solar. Amosáronnos unha morea de maquetas que fixeron na casa con moita dedicación, orixinalidade e determinación.
Ollade qué cousas mais bonitas.


Moitas Grazas compis! esperamos poder invitarvos nós tamén!


lunes, 22 de octubre de 2018

Ana, a apicultura

Hoxe visitounos Ana, unha apicultora lucense que sabe moito de abellas!
Contounos o traballadoras e organizadas que son! Cómo viven, cómo se coidan, as clases  que hai, cales son os seus enemigos e ademáis ensinounos parte do modelito, cera e deunos a probar a súa deliciosa mel!



jueves, 18 de octubre de 2018


Abelliñas

O luns temos unha visita moi interesante, unha APICULTORA!! Si, si! Andamos a investigar algunha miguiña e tamén fixemos algunha manualidade!
Ahhh mañá imos á DOMUS!, que ilusión!

martes, 16 de octubre de 2018

Iago e Mateo

Bo día!!
O luns chegou Iago súper contento, resulta que ten un novo amigo que se parece moito a él. É Mateo, un boneco de cartón precioso que fixo Iago e do debe de estar moi orgulloso porque é súper  Chuli!
Moi bo trabarllo! Vas ser un artista!

miércoles, 10 de octubre de 2018

Canadá

Tamén fomos á Biblioteca a visitar á ratiña Conchita e enterámonos de que este ano vai viaxar coa Nosa profe a Canadá.
Así que púxemonos a investigar por equipos algunhas cousiñas sobre este país.

A primeira pregunta foi rápida: Onde está?

Pois moi lonxe de nós, cruzamos o Océano Atlántico e no norte de América Alí vos está Canadá!




Cata a cegas!

Hoxe comenzamos un novo tema no que falaremos de comida e por iso fixemos unha cata a cegas con especias. Parece moi fácil pero non o é tanto! E senón probade vos tamén!
Perexil, allo, pementa, canela... e un pimentón que por certo troixo Rubén, moitas grazas!!
Ollade!

viernes, 5 de octubre de 2018

Welcome Meghan!!!

We were looking forward to seeing you again!!! Hopefully you are with us one more year!!!
How lucky we are!!


Ian

Aquí temos a Ian que nos faltaba na foto grupal. Acabo de decantarme que sae cos ollos pechados pero ainda así está moi guapo co seu bonito peiteado.

miércoles, 3 de octubre de 2018

Empatía

Hoxe falamos sobre a empatía e o seu poder, axudanos moito a ser felices e senon preguntadelle o noso protagonista. Mañá veredes as vosas creacións sobre a historia.
A min encántame!!

Benvidos a 2º

Aquí estamos: SOMOS 2ºB!!!!!
Só nos falta Ian que hoxe non puido vir, pero non te preocupes que xa te retrataremos compi!!

Presentaciones padlet