Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de marzo de 2020

Visita de Tamara

Tamara a mamá de Lucía Díaz visitounos hoxe en contounos tantas cousas interesantes sobre o oído 👂 e o importante que é coidar e revisalo de cando en vez.
Importantísimo falar a modiño, non abusar dos auriculares 🎧 non empregar bastonciños para limpar os oídos, visitar o otorrino para facer revisión....
Ademáis fixemos experimentos para imaxinarnos o que é non oír, vimos o oído 👂 de Lucía ....
Aprendemos moitísimo e estamos un pouco máis concienciados da importancia deste sentido tan necesario e útil para a nosa vida.
Graciñas Tamara





miércoles, 12 de febrero de 2020

Visita de María

Hoxe visitounos María a mamá de Sara e falounos da importancia de coidar o noso corpo e en consecuencia da nosa alimentación.
Repasamos a pirámide e recordamos que hai que tomar pouco azucre. Hai moito escondido en alimentos que nin imaxinamos é “o azucre oculto” temos que intentar evitar ou reducir o consumo deles aínda que nos coste ás veces.
María axudounos a concienciarnos e troixonos un montón de alternativas riquísimas e sanísimas como tomatiños con queixo facendo ❤️ Arándanos, sticks de cenoria, plátano deshidratado e flocos de millo!!! Moitisimas grazas María!! Foi todo un agasallo a túa visita.



Deixovos un video que fala do tema e así recordamos e pensamos!!



domingo, 17 de noviembre de 2019

Día da Diabetes

O pasado 14 de novembro foi o día da diabetes xa que é o día do aniversario de Frederick Banting (científico que descubriu a insulina).
Para celebralo visitounos Iria a mamá de Xabi que xuntos nos recordaron que ocurre cando sufrimos esta enfermidade e o que se ten que facer para combatila.
Grazas a Iria tamén nos visitou Raquel Queizas quen a través dunha historia nos fixo tomar conciencia e adquirir coñecemento sobre dita enfermidade.

Estamosvos moi agradecid@s e intentaremos sempre axudarvos a loitar!!









domingo, 31 de marzo de 2019

O home do tempo

Iago, presentounos ao seu primo e o seu papá que é o Home do Tempo e ensinounos sobre todo a mirar ao ceo.
Moitas grazas Diego.


jueves, 28 de febrero de 2019

Visita da mamá de Bruno

Hoy tuvimos una visita muy especial, Natalia, la mamá de Bruno nos hizo una presentación maravillosa en relación a su profesión: enfermería. Nos contó tantas cosas necesarias e importantes para nuestro día a día y poder ayudarnos unos a otros!
Yo me quedo con lo de: CALMA!! Lo primero Calma!!
Nos gustó tantísimo, aprendimos, lo pasamos fenomenal y además tuvimos regalitos. Qué gran día!! Gracias Natalia!!
Estoy segura de que has despertado alguna vocación que otraoen mis chiquitines!!







miércoles, 19 de diciembre de 2018

Visita da madriña de Gael

Hoxe Gael de 2 A presentounos a súa madriña Cati e como é fisioterapeuta contounos moitas cousiñas moi interesantes para coidar a nosa espalda, cómo sentarnos Ben, ir no coche con seguridade e moito máis.
Moitas Grazas Cati e Gemma a mamá de Gael por vir. Encantounos.




jueves, 18 de octubre de 2018

Abelliñas

O luns temos unha visita moi interesante, unha APICULTORA!! Si, si! Andamos a investigar algunha miguiña e tamén fixemos algunha manualidade!
Ahhh mañá imos á DOMUS!, que ilusión!

Presentaciones padlet